Ateneo de Celanova. Centro Multiusos de Arraianos. Estrada Celanova-Quintela de Leirado km 3. Ap Correos 3. Celanova. Ourense

aquelacelanova@phottic.com

Sobre nosotros

Estamos nun momento clave para a conservación do noso patrimonio fotográfico, e por tanto da nosa memoria. Ademais das limitacións propias do soporte papel, moitas das fotografías que a xente ten na súa casa non están conservadas nas mellores condicións.

Este proxecto,dentro do o sistema www.phottic.com para a recuperación da "Memoria Fotográfica" da nosa sociedade, pretende axudar á conservación e á posta en valor do patrimonio fotográfico a través de 3 claves:

• Fomentando a dixitalización das fotografías antigas de Celanova.
• Engadindo valor a esas imaxes mediante o uso de tecnoloxía de xeolocalización.
• Creando unha comunidade interxeracional que aproveite conxuntamente o coñecemento das persoas maiores coas destrezas dixitais dos xoves.

A base de Aquela Celanova é unha aplicación desenvolvida para xeoreferenciar fotografía antiga sobre Street View de Google, pero o verdadeiro valor do proxecto está no uso que se fará dela por parte da comunidade que comentará e valorará as imaxes.

Para isto estase realizando un importante traballo offline, de difusión entre a poboación local, accións de alfabetización dixital da 3ª idade (que son os que teñen o coñecemento das imaxes), accións nos centros de secundaria co obxectivo de conseguir “Brigadas Dixitais” para que axuden ao colectivo anterior a trasladar o seu coñecemento a un entorno dixital que eles coñecen.